martes, 4 de mayo de 2010

Os novos emprendedores da comunicación


Recordo moi ben aquela mañá. O simple feito de encher un formulario ía determinar o meu futuro dos vindeiros anos. Nome: Julia Fontenla Pedreira. Titulación: Xornalismo. Unha sinxela sinatura, e xa estaba. Catro anos despois da miña marcha de Vilagarcía a Compostela podo dicir que cambiou a miña visión da realidade e da forma de comunicar. Pensamento crítico ante os feitos, nada é o que parece até que falan todas as partes implicadas, o sinxelo é máis difícil do que aparenta e a verdade está sempre por descubrir…

Dende o primeiro intre cada alevín de xornalista que me rodeaba, amosaba a súa inquedanza por escribir ou colocarse diante dunha cámara. Hoxe, con máis ou menos paixón, creo que todos aprendemos a bela realidade doutro xeito, e iso é unha das cualidades imprescindibles dos novos xornalistas do futuro que loitarán cada día por dar tódolos datos fieis á realidade, tanto en medios audiovisuais como escritos. Quizais simplemente por este feito, por este espírito emprendedor, non desapareza nunca ese xornalismo crítico e comprometido polo que loitaron os nosos antecesores e polo que loitarán as novas xeracións

No hay comentarios:

Publicar un comentario